"Ronsel de futuro"
a webserie documental do
15º aniversario da
Rede Museística de Lugo
Dirixida por Brian Rodríguez e Rubén Perez

Comunidade + Emoción + Patrimonio + Cultura

Señor López Producións estrea Un ronsel de futuro, webserie documental sobre o 15º aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo.

Artistas, colectivos e diferentes entidades participan nestes nove capítulos que se presentarán este xoves nos Cines Númax de Santiago de Compostela.

 

Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír do cárcere de Bonxe acepta un titor, Alexandre que, cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio. Un ronsel de futuro trata de achegar, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, pertencentes á Deputación de Lugo. O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio, logo de quince anos de proxecto museolóxico compartido.

Hoxe en día a Rede Museística espállase por todo o mundo como modelo de xestión. Os seus proxectos así como o traballo vencellado á comunidade son referente en congresos e foros museolóxicos. Con este paso, o obxectivo é achegar todo este traballo máis alá aproveitando o formato audiovisual. Así, xunto as personaxes de Braulio e Alexandre, desfilarán artistas, colectivos e asociacións que conforman a comunidade da Rede.

O Señor López, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, levan a cabo este proxecto no que participan a propia directora da institución Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e importantes persoas da nosa sociedade como Pilar Yáñez, Mónica Álvarez, a Liga Santaballesa, Club PequeAmigos e moitos máis, contando coa colaboración do Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas. A webserie viaxa a diferentes localizacións da provincia de Lugo como O Cebreiro, Lugo capital, Foz ou Samos así como os propios museos: o Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial de Lugo e Museo do Mar.

Este xoves presentaremos a webserie documental coa estrea de diferentes capítulos. Ao mesmo tempo, xa podemos anunciar que a webserie percorrerá distintos puntos da xeografía galega así como festivais.

1
Capítulos
1
Personaxes de ficción
1
museos nunha soa rede