Rubén Pérez estrea Señor López Producións

Un proxecto persoal onde o creador quere desenvolver a súa faciana máis persoal como actor, dramaturgo e docente.

Profesor de Lingua Galega e Literatura, quere achegar propostas educativas ao público máis novo co obxectivo de encher os teatros. No pasado participou activamente en proxectos teatrais coas compañías Palimoco, Microefectos Dramatúrxicos, Ítaca Teato  así como Lucecús Teatro ou Ibuprofeno.

Coordinou diferentes proxectos interdisciplinares como Esperta Zoe, Rincón Literario ou Buxiganga Proxecto Teatral da Deputación de Lugo. Ten varias publicacións e acadou varios premios como creador artístico.

Señor López Producións é unha tolemia coa que persegue divertirse a toda costa e, do mesmo xeito, que isto lle aconteza ao público.  

1.

O amarelo é a cor do sol e do verán .

2.

A ledicia é o noso epicentro.

3.

O teatro é a mellor ferramenta pedagóxica para cambiar o mundo.

4.

Queremos achegar o teatro a calquera recuncho do país

5.

NON PRECISAS ÁS PARA VOAR