Manuela Rodríguez é unha Inuit:

Política Post Covid

Sinopse

    “Chámome Manuela Rodríguez e son analfabeta” Este cadro de Luís Seoane será o punto de partida dunha viaxe performativa onde falaremos de nós mesmos como emigrantes, como repudiados, como odiados…Son artista, son pobre. Son Manuela Rodríguez e son George Floyd. Estou no Mediterráneo camiño de Europa. O meu corazón é negro e sinto dor. Teño medo. Política do século XXI con agochadas palabras violentas de toda a vida. Son unha prostituta no medio do mar. Son amor. Escuro.

Ficha Artística

Proposta artística: Rubén Pérez Pombo.

Vídeo: Javier Padilla.

Produción e deseño: Elena Centelles.

Técnico de son: Brian Rodríguez.

Duración aproximada: 20 minutos.

Agradecementos: a todas aquelas persoas que fan que poidamos gozar do teatro pase o que pase.

Señor López Producións

senorlopezproducions@gmail.com

Dossier SR LOPEZ - Manuela Rodriguez (1920 x 500 px) (1920 x 1920 px) (3)