Sinopse
“Chámome Manuela Rodríguez e son analfabeta” Este cadro de Luís Seoane será o punto de partida dunha viaxe performativa onde falaremos de nós mesmos como emigrantes, como repudiados, como odiados…Son artista, son pobre. Son Manuela Rodríguez e son George Floyd. Estou no Mediterráneo camiño de Europa. O meu corazón é negro e sinto dor. Teño medo. Política do século XXI con agochadas palabras violentas de toda a vida. Son unha prostituta no medio do mar. Son amor. Escuro.