A COMPAÑÍA

Un proxecto persoal onde o creador quere desenvolver a súa faciana máis persoal como actor, dramaturgo e docente.

Profesor de Lingua Galega e Literatura, quere achegar propostas educativas ao público máis novo co obxectivo de encher os teatros. No pasado participou activamente en proxectos teatrais coas compañías Palimoco, Microefectos Dramatúrxicos, Ítaca Teato  así como Lucecús Teatro ou Ibuprofeno.

Coordinou diferentes proxectos interdisciplinares como Esperta Zoe, Rincón Literario ou Buxiganga Proxecto Teatral da Deputación de Lugo. Ten varias publicacións e acadou varios premios como creador artístico.

Señor López Producións é unha tolemia coa que persegue divertirse a toda costa e, do mesmo xeito, que isto lle aconteza ao público.  

MONTAXES

MANUELA RODRÍGUEZ É UNHA INUIT:
POLÍTICA POST COVID

Performance 

A VIAXE DO SEÑOR LÓPEZ

Público familiar

Novidade!

Señor López Producións estrea Un ronsel de futuro, webserie documental sobre o 15º aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo.

Artistas, colectivos e diferentes entidades participan nestes nove capítulos que se presentarán este xoves 21/10 nos Cines Númax de Santiago de Compostela.

 

Señor López Producións

senorlopezproducions@gmail.com

Dossier SR LOPEZ - Manuela Rodriguez (1920 x 500 px) (1920 x 1920 px) (3)